lunes, 24 de junio de 2013

24 de Febreiro,  Día de Rosalía de Castro

Dedicamos o resto do mes de febreiro , e parte do de marzo a coñecer a Rosalía de Castro, comenzamos pola súa vida e seguimos pola súa obra. Aquí tedes un anaquiño da súa vida, se queredes saber máis só tedes que premer na palabra "inclusa" ou mirar o video de abaixo.

"Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro). Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía (1804-1862) fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo (1798-1871). Bautizada na capela do Grande Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos). Actúa de madriña María Francisca Martínez, criada da nai. O presbítero consigna na partida: “María Francisca Martínez…fue madrina de una niña que bauticé solemnemente… llamándola María Rosalía Rita, hija de padres incógnitos cuya niña llevó la Madrina y va sin número por no haber pasado por la inclusa


Tamén podedes ver este video




Estivemos lendo poemas do Libro Cantares Gallegos, publicado o 17 de Maio do 1863, feito que este ano conmemora o seu cento 150 anivesario. Seleccionamos unha serie de poemas do mesmo que despois dramatizamos,limos e recita no Festival das Letras Galegas, celebrado ó día 21 de maio do 2013.

Limos e escoitamos os poemas lídos e cantados por cantautores  como Amancio Prada ,Lucía Pérez e Luz Casal, entre outros. 

Consultamos  a páxina do  Diario Cultural da Radio Galega,onde poideron ver os alumnos do clube como é un programa adicado a Cultura, cunha sección adicada á poesía e que tratou ó tema de Rosalía de Castro  o longo dende febreiro ata xuño.O 24 de abril  o Diario Cultural puxo en marcha unha iniciativa titulada De Cantares hoxe, unha serie de emisións de poemas orixinais creados por 25 poetas galegos a partir dos poemas de Rosalía de Castro. Puxemos  o audio de algún destes poemas. 


María

No hay comentarios:

Publicar un comentario