Dedicamos o resto do mes de febreiro , e parte do de marzo a coñecer a Rosalía de Castro, comenzamos pola súa vida e seguimos pola súa obra. Aquí tedes un anaquiño da súa vida, se queredes saber máis só tedes que premer na palabra "inclusa" ou mirar o video de abaixo.
"Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro). Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía (1804-1862) fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo (1798-1871). Bautizada na capela do Grande Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos). Actúa de madriña María Francisca Martínez, criada da nai. O presbítero consigna na partida: “María Francisca Martínez…fue madrina de una niña que bauticé solemnemente… llamándola María Rosalía Rita, hija de padres incógnitos cuya niña llevó la Madrina y va sin número por no haber pasado por la inclusa”
Tamén podedes ver este video
Limos e escoitamos os poemas lídos e cantados por cantautores como Amancio Prada ,Lucía Pérez e Luz Casal, entre outros.
Consultamos a páxina do Diario Cultural da Radio Galega,onde poideron ver os alumnos do clube como é un programa adicado a Cultura, cunha sección adicada á poesía e que tratou ó tema de Rosalía de Castro o longo dende febreiro ata xuño.O 24 de abril o Diario Cultural puxo en marcha unha iniciativa titulada De Cantares hoxe, unha serie de emisións de poemas orixinais creados por 25 poetas galegos a partir dos poemas de Rosalía de Castro. Puxemos o audio de algún destes poemas.
María
No hay comentarios:
Publicar un comentario