lunes, 7 de enero de 2013

OUTUBRO


No mes de outubro o clube de lectura adicou o seu tempo  a ler relatos do libro "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro..


Os outros feirantes, son relatos que presentan retratos ao miúdo, coma os que se adoitaban facer nas feiras No fondo destas páxinas latexa  unha Galicia chea de humor e enxeño. Retratos que teñen como modelo a xente inventada ou tirada da realidade do país.

Entres as historias lidas están Penedo de Silvosa, A orella dereita de Anón Leiras,Lamego de Mouriz, A voadora de Serantes,Piñeiro e as fontes, etc...

As historias leváronnos dunhas a outras.Limos os relatos de Cunqueiro, pero tamén contámonos historias de emigrantes, lendas sobre o poder purificador das augas, e, non lembro como, falamos dos Contos de Sherezade,Os contos das Mil e Unha Noites.

O conto de Piñeiro e as fontes, lembrounos algunhas lendas como a que nos contou Marta, de 1º da ESO, sobre a Fonte Dormiñona


Marta, a esquerda, despois de falar da Fonte  da  Dormiñona.
Esta historia lembrounos outras sobre as aguas , como a Lenda da Lagoa de Antela, ou La Leyenda del Lago de Sanabria.


Lourdes, contando a Lenda da Lagoa de Antela.
Outros dos nosos compañeiros animáronse a contar historias e lendas que coñecían.
Escoitando a historia de Sonia

Elena   narra a súa historia.
Paula, tamén se animou.

Non lembro como pasou , pero o caso é que de Cunqueiro chegamos a falar dos contos que unha  princesa, chamada  Sherezade tivo que contar durante mil e unha noites. Pedímoslle os nenos que averiguasen por que esa princesa tivera que contar contos durante tanto tempo.   E aproveitamos a ocasión para invitar a alguén a contarnos un conto. Invitamos o Sr. Director, Carlos, e  díxonos que si,. que viña con moito gosto. E contounos un  conto titulado "El mercader rico de Damasco " , tamén coñecido como "Los dos mercaderes de Túnez.


Da historia de Carlos non perdimos detalle.

Rematamos o mes de outubro  lendo  relatos  sobre a morte, para preparar o Samaín.
María










 





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario