O mes de novembro foi un mes moi activo, en canto a lectura se refire. Escomenzamos traballando textos para preparar O Samaín, comenzamos un novo libro e límos textos centrados na temática contra a violencia de xénero.
Para celebrar a festa celta de O Samaín, limos unha serie de relatos , que despòis dramatizamos. Contamos coa colaboración de Ilda, a profesora de música, e os alumnos de música de 1º Bacharelato.Os textos lídos foron A luz das ánimas, O abade nigromante de Oseira e Cousas da morte. Os alumnos de música axudaron cantando unha canción(A lenda da Lavandeira)
O mércores, 7 de novembro, os compoñentes do club de lectura , e os alumnos de música de 1º Bacharelato, fixemos unha lectura dramatizada con motivo do Samaín, celebrámolo un pouco tarde, é verdade, pero non puido ser antes. En primeiro lugar decoramos o Salón de Actos coas cabazas, feitas polos alumnos de plástica de 1º ESO, e con velas brancas.
En segundo lugar María e Lourdes, fixeron unha introdución sobre ó Samaín.
Logo os alumnos do club de lectura fixeron unha lectura dramatizada do texto Cousas da morte.
Seguidamente os alumnos e alumnas de 1º Bacharelato cantaron a canción de A lavandeira.
Rematamos este acto , cun intento de facer unha queimada con cocacola, pèro as facedoras da queimada non estaban moi entendidas na materia. Pero o que sí saiu ben foi a foto do grupo o final da velada.
Pasada a semana do Samaín, puxémonos mans a obra cun novo autor. Comenzamos a ler Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz, Lectura que , interrumpida polas lecturas sobre a violencia de xénero de finais de mes, continuaríamos ata decembro.
Contos por palabras son relatos de temática diversa que teñen como nexo común que todos eles están baseados nos anuncios por palabras que aparecen na prensa. A partir de brevísimas frases, como «¿Desexa vostede atopar a súa parella?», «Nenos spot TV», «Urxe manicura», «Necesítase limpacristais profesional» e outras semellantes, o autor desprega unha gran capacidade fabuladora creando contos fantásticos, divertidos ou misteriosos, que espertan a curiosidade e sorprenden a quen os le.
A finais de novembro fixemos un corte na lectura de Contos por palabras e limos uns relatos breves sobre violencia de xénero e consultamos varias páxinas na rede con microrelatos sobre o tema. Tamén aproveitamos para visualizar o video de Marta Blanco, exalumna do centro que gañou un concurso de cortos , cuxa temática era a violencia de xénero.
María

No hay comentarios:
Publicar un comentario