Os outros feirantes, son relatos que presentan retratos ao miúdo, coma os que se adoitaban facer nas feiras. No fondo destas páxinas latexa unha Galicia chea de humor e enxeño. Retratos que teñen como modelo a xente inventada ou tirada da realidade do país.
Entres as historias lidas están Penedo de Silvosa, A orella dereita de Anón Leiras,Lamego de Mouriz, A voadora de Serantes,Piñeiro e as fontes, etc...
As historias leváronnos dunhas a outras.Limos os relatos de Cunqueiro, pero tamén contámonos historias de emigrantes, lendas sobre o poder purificador das augas, e, non lembro como, falamos dos Contos de Sherezade,Os contos das Mil e Unha Noites.
O conto de Piñeiro e as fontes, lembrounos algunhas lendas como a que nos contou Marta, de 1º da ESO, sobre a Fonte Dormiñona
Esta historia lembrounos outras sobre as aguas , como a Lenda da Lagoa de Antela, ou La Leyenda del Lago de Sanabria.
Outros dos nosos compañeiros animáronse a contar historias e lendas que coñecían.
Elena narra a súa historia. |
Paula, tamén se animou. |
Non lembro como pasou , pero o caso é que de Cunqueiro chegamos a falar dos contos que unha princesa, chamada Sherezade tivo que contar durante mil e unha noites. Pedímoslle os nenos que averiguasen por que esa princesa tivera que contar contos durante tanto tempo. E aproveitamos a ocasión para invitar a alguén a contarnos un conto. Invitamos o Sr. Director, Carlos, e díxonos que si,. que viña con moito gosto. E contounos un conto titulado "El mercader rico de Damasco " , tamén coñecido como "Los dos mercaderes de Túnez.
Da historia de Carlos non perdimos detalle. |
Rematamos o mes de outubro lendo relatos sobre a morte, para preparar o Samaín.
María
No hay comentarios:
Publicar un comentario