lunes, 24 de junio de 2013

24 de Febreiro,  Día de Rosalía de Castro

Dedicamos o resto do mes de febreiro , e parte do de marzo a coñecer a Rosalía de Castro, comenzamos pola súa vida e seguimos pola súa obra. Aquí tedes un anaquiño da súa vida, se queredes saber máis só tedes que premer na palabra "inclusa" ou mirar o video de abaixo.

"Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo (hoxe Rosalía de Castro). Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía (1804-1862) fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo (1798-1871). Bautizada na capela do Grande Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos). Actúa de madriña María Francisca Martínez, criada da nai. O presbítero consigna na partida: “María Francisca Martínez…fue madrina de una niña que bauticé solemnemente… llamándola María Rosalía Rita, hija de padres incógnitos cuya niña llevó la Madrina y va sin número por no haber pasado por la inclusa”


Tamén podedes ver este video




Estivemos lendo poemas do Libro Cantares Gallegos, publicado o 17 de Maio do 1863, feito que este ano conmemora o seu cento 150 anivesario. Seleccionamos unha serie de poemas do mesmo que despois dramatizamos,limos e recita no Festival das Letras Galegas, celebrado ó día 21 de maio do 2013.

Limos e escoitamos os poemas lídos e cantados por cantautores  como Amancio Prada ,Lucía Pérez e Luz Casal, entre outros. 

Consultamos  a páxina do  Diario Cultural da Radio Galega,onde poideron ver os alumnos do clube como é un programa adicado a Cultura, cunha sección adicada á poesía e que tratou ó tema de Rosalía de Castro  o longo dende febreiro ata xuño.O 24 de abril  o Diario Cultural puxo en marcha unha iniciativa titulada De Cantares hoxe, unha serie de emisións de poemas orixinais creados por 25 poetas galegos a partir dos poemas de Rosalía de Castro. Puxemos  o audio de algún destes poemas. 


María
14  de Febreiro  do 2013

O pasado día 30 de Xaneiro foi o día Escolar da Paz e Non Violencia. 
File:Peace dove.svg
Neste día conmemórase ó aniversario da morte  de Mohatma Gandhi, o lider pacifísta indio, que foi asasinado por un extremista hindú no ano 1948.
A picture of Mahatma Gandhi.


O lema deste día é:  

"Amor universal, non-violencia e paz.
O  amor é millor có  egoísmo, 
a non-violencia é millor cá violencia
 e á paz é millor cá guerra"

A Gandhi atribúenselle frases coma :

"Non hai camino á Paz, a Paz é o camiño
A humanidade non pode liberarse da violencia, mais que  por medio da non-violencia"

Debido as condiciones climatolóxicas adversas de finais de xaneiro, no IES Carlos Casares non poidemos celebrar o este día tan sinalado como tiñamos previsto , o día 30 de xaneiro, tivemos que retrasala súa celebración ó día o luns 4 de febreiro. 
Fotografía

O Grupo Talía e os alumnos de Coro ,participantes na celebración do Día da Paz
Eran as  11:10 da mañá. Recibimos a visita dos alumnos de 5 º e 6º de  Primaria, do CEIP BIBEI. Dous deles recitarían un poema sobre a PAZ. 
Fotografía
 Alumnos do CEIP Bibei, durante ó acto .
Comenzamos coa explicación da profesora Susana Fernández sobre o motivo desta celebración . Tamén falou da Mediación Escolar , como un recurso para resolver conflictos.

Seguidamente os alumnos do Grupo Talía e os alumnos do grupo de Coro e Expresión Corporal do instituto celebraron este día coas seguintes actividades:

Baile da canción "Sólo son vidas", e  proxección do video sobre a mesma realizado por unha ex-alumna do instituto, Estela López .
    Representación da obra titulada  "Dos idiotas sentados cada uno en su barril".
      Fotografía
      Rocío  Rodríguez, Rocío Páez e Andrea Vega, durante a representación.
    Canción "Bule e móvete pola igualdade".
      Fotografía
      Os rapaces e rapazas cantores do IES Carlos Casares!

    Representación da obra titulada: Fantasía o Realidad.
    Fotografía
    Nun momento da obra : Fantasia o Realidad.

    Canción "Imagine".

    Fotografía
    Só lles que ir a Eurovisión!

    Recital a cargo de Javier e Alba, do CEIP BIBEI.

    Recital do poema : Escribindo o nome da PAZ

    miércoles, 16 de enero de 2013

    Una habitación en Babel.


    10/1/13
     A novela do mes no Clube de Lectura é :


    Sinopsis

    La Torre es el mayor edificio del pueblo, un bloque ácido e inhumano en el que viven tantas personas como en toda la urbanización de casitas adosadas que acaban de construir en las afueras. Personas instaladas en estantes del aire, como libros, cada uno con su historia, algunas buenas y otras malas. Unas a punto de abrirse y otras de cerrarse.
    En ella viven Ángel y Gil, Nor y Berta, Rashid y Stéfano. Cada uno  en su habitación de la Torre, hablando con su propio acento, pero obligados a entenderse cuando descubren que pertenecen a una misma historia


    Marco espacial. A acción transcurre en Alfarache, un pobo a 4Km de Sevilla, chamado hoxe San Juan de Analfarache. 

    Eliacer Cansino fala nesta novela dunha novela picaresca, O Guzmán de Alfarache, escrita por Mateo Alemán. Se che interesa saber algo desta novela , pica sobre o título da mesma, arriba. 
    O autor cita no libro unha broma dun famoso poeta español, Antonio Machado. Dita broma gastoulla o personaxe Gil Amador, cando Ángel  lle dixo que era profesor de Filosofía.(pax. 57-58)


    "-Perdone una pregunta más : ¿y de qué es usted profesor?
    Ángel  se sintió algo cohibido. Acababa de tropezarse con él y le parecía un atrevimiento la pregunta.PEro ,aún así, contestó.
    - De Filosofía.
    -!Hombre! ¿No tendrá en monedas de cobre el oro de ayer cambiado?
    Se sintió perplejo sin entender. El otro percibió su azoramiento.
    -Es una broma machadiana- dijo- en otro momento se lo explicaré."

    O final do libro , Ángel, encontra un libro titulado Poesías de Antonio Machado, onde estaba suliñados os versos seguintes:

    "Poeta ayer, hoy triste y pobre
    filósofo transnochado,
    tengo en monedas de cobre 
    el oro de ayer cambiado"

    Nese momento Ángel comprendeu o significado da broma. Entendíchela tí? Se queres saber máis sobre esta broma de don Gil, que emprega versos de Machado, e queres saber sobre este poeta, pincha sobre o texto suliñado  e entenderás o texto.
    No libro cítase unha cidade chamada Bolonia, onde Nor está esperando o seu irmán. Esta cidade está en Tarifa, cerca do golfo de Cádiz, antiga Baelo Claudia romana. Cliquea esa palabra e entenderás moitas cousas. Non, non ten que ver con Bolonia, de Italia.

    MARÍA

    domingo, 13 de enero de 2013

    XA TEMOS LOGO!


    O Club de Lectura O Gato Samuel xa ten  logo. O noso logo foi realizado polo profesor Plácido Bembibre, orientador do centro.  

    Logo do Club de Lectura.
    Gracias, Plácido, polo teu agasallo!

    lunes, 7 de enero de 2013

    DECEMBRO

    Chegou o  mes que remata coas  vacións de Nadal, decembro, e con el os exames e os nervos polas notas que virán o final do mesmo.. O clube de lectura mantivose activo ata ó día  14. Despedimos este noso primeiro trimestre co libro que escomenzáramos a ler no mes de novembro: Contos por palabras.









    Rematada a lectura do libro, propuxemos  a lectura dun libro novo para ás vacacións: Una habitación en Babel, de Eliazer Cansino.

    Quedamos para falar del a volta das vacacións.  A ver que tal resultado nos deu. 

    Ah, case se me esquece! A partires do próximo trimestre, as reunións serán na aula de Desdoble 3, máis coñecida como aula de Latín, porque é moi quente e no hai tanto ruido. 

    No mes de xaneiro daremos a coñecer o logo do  noso Club, que foi feito por Don Plácido Bembibre, máis coñecido como " O Orientador do instituto". Queremos darlle as gracias pola seu agasallo ó club.

    BÓ NADAL!

    María

    NOVEMBRO

    O mes de novembro  foi un mes moi activo, en canto a lectura se refire. Escomenzamos traballando textos para preparar O Samaín, comenzamos un novo libro e límos textos centrados na temática contra a violencia de xénero.

    Para celebrar a festa celta de O Samaín, limos unha serie de relatos , que despòis dramatizamos. Contamos coa colaboración de Ilda, a profesora de música, e os alumnos de música de 1º Bacharelato.Os textos lídos foron  A luz das ánimas, O abade nigromante de Oseira e  Cousas da morte. Os alumnos de música axudaron cantando unha canción(A lenda da Lavandeira)
    O mércores, 7 de novembro, os  compoñentes  do club de lectura ,  e os alumnos  de música de 1º Bacharelato, fixemos unha  lectura dramatizada con motivo do Samaín, celebrámolo un pouco tarde, é verdade, pero non puido ser antes. En primeiro lugar decoramos o Salón de Actos coas cabazas, feitas polos alumnos de plástica de 1º ESO, e  con velas brancas.




     En segundo lugar María e Lourdes,  fixeron unha introdución sobre ó Samaín.




    Logo os alumnos do club de lectura  fixeron unha lectura dramatizada do texto Cousas da morte.


    Seguidamente os alumnos e alumnas de 1º Bacharelato cantaron a canción de A lavandeira.

    Rematamos este acto , cun intento de facer unha queimada con cocacola, pèro   as facedoras da queimada non estaban moi  entendidas na materia. Pero o que sí saiu ben foi a foto do grupo  o final da velada.


    Pasada a semana do Samaín, puxémonos mans a obra cun novo autor. Comenzamos a ler  Contos  por palabras, de Agustín Fernández Paz,  Lectura que  , interrumpida polas lecturas sobre a violencia de xénero de finais de mes, continuaríamos ata decembro.

    Contos por palabras son relatos de temática  diversa que  teñen como nexo común que todos eles están baseados nos anuncios por palabras que aparecen na prensa. A partir de brevísimas frases, como «¿Desexa vostede atopar a súa parella?», «Nenos spot TV», «Urxe manicura», «Necesítase limpacristais profesional» e outras semellantes, o autor desprega unha gran capacidade fabuladora creando contos fantásticos, divertidos ou misteriosos, que espertan a curiosidade e sorprenden a quen os le. 

    A finais de novembro fixemos un corte  na lectura de Contos por palabras e limos uns relatos breves sobre violencia de xénero e consultamos varias páxinas na rede con microrelatos sobre o tema. Tamén aproveitamos para visualizar o video de Marta Blanco, exalumna do centro que gañou un concurso de cortos , cuxa temática era a violencia de xénero.

    María

    OUTUBRO


    No mes de outubro o clube de lectura adicou o seu tempo  a ler relatos do libro "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro..


    Os outros feirantes, son relatos que presentan retratos ao miúdo, coma os que se adoitaban facer nas feiras.  No fondo destas páxinas latexa  unha Galicia chea de humor e enxeño. Retratos que teñen como modelo a xente inventada ou tirada da realidade do país.

    Entres as historias lidas están Penedo de Silvosa, A orella dereita de Anón Leiras,Lamego de Mouriz, A voadora de Serantes,Piñeiro e as fontes, etc...

    As historias leváronnos dunhas a outras.Limos os relatos de Cunqueiro, pero tamén contámonos historias de emigrantes, lendas sobre o poder purificador das augas, e, non lembro como, falamos dos Contos de Sherezade,Os contos das Mil e Unha Noites.

    O conto de Piñeiro e as fontes, lembrounos algunhas lendas como a que nos contou Marta, de 1º da ESO, sobre a Fonte Dormiñona

    
    Marta, a esquerda, despois de falar da Fonte  da  Dormiñona.
    Esta historia lembrounos outras sobre as aguas , como a Lenda da Lagoa de Antela, ou La Leyenda del Lago de Sanabria.

    
    Lourdes, contando a Lenda da Lagoa de Antela.
    Outros dos nosos compañeiros animáronse a contar historias e lendas que coñecían.
    Escoitando a historia de Sonia
    
    Elena   narra a súa historia.
    Paula, tamén se animou.

    Non lembro como pasou , pero o caso é que de Cunqueiro chegamos a falar dos contos que unha  princesa, chamada  Sherezade tivo que contar durante mil e unha noites. Pedímoslle os nenos que averiguasen por que esa princesa tivera que contar contos durante tanto tempo.   E aproveitamos a ocasión para invitar a alguén a contarnos un conto. Invitamos o Sr. Director, Carlos, e  díxonos que si,. que viña con moito gosto. E contounos un  conto titulado "El mercader rico de Damasco " , tamén coñecido como "Los dos mercaderes de Túnez.


    Da historia de Carlos non perdimos detalle.

    Rematamos o mes de outubro  lendo  relatos  sobre a morte, para preparar o Samaín.
    María